Axudas TIC CÁMARAS: financia a fondo perdido o 80% da implantación de Teixo

As Cámaras de Comercio galegas, xunto co Consello Superior de Cámaras, a cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a colaboración da Xunta de Galicia pon en marcha o Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras, no marco do programa operativo "Investigación, Desenvolvemento e Innovación por e para as Empresas-Fondo Tecnolóxico".

Teimas consegue a adxudicación do desenvolvemento de GAIA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) adxudicou a Teimas o contrato para o desenvolvemento da Plataforma Galega de Información Ambiental, GAIA, acción cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, tal como se recólle na resolución publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

A Xunta adapta o seu sistema SIRGa a E3L

A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infreastructuras dá un paso máis na tramitación electrónica de procedementos de caracter ambiental ao adaptar o sistema SIRGa (portal para a xestión de procedementos relacionados coa xestión de residuos) ao estándar E3L.