A Tropa Verde invade Santiago de Compostela

O 17 de maio é un día importante para nós. Neste día celebramos o Día das Letras Galegas, o Día Internacional da Internet e o Día Internacional da Reciclaxe. Dende Teimas, aproveitamos este día para publicar Tropa Verde, un proxecto propio desenvolvido en galego e dende Galicia, dispoñible na Internet e co obxectivo de fomenta-la reciclaxe e a cultura da responsabilidade ambiental entre a cidadanía.