Tropa Verde e o Concello de Santiago premian a reciclaxe nas aulas

O Concello de Santiago de Compostela acolleu este luns a entrega dos premios da primeira campaña do programa "Reciclar na escola ten premio", enmarcada dentro do programa Tropa Verde. O acto estivo presidido polo alcalde da capital galega, Martiño Noriega, e contou tanto coa asistencia dos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; como coa dos promotores del proxecto, Teimas Desenvolvemento, e a das empresas colaboradoras.

Os colexios e institutos de Santiago tamén son Tropa Verde

O 17 de maio de 2015 comezaba na capital galega a iniciativa Tropa Verde SCQ mediante a que os composteláns e compostelás que realizan accións a favor do medio ambiente reciben recompensas en forma de premios e descontos que aportan comercios e hostalaría de Santiago de Compostela. A resposta tanto por parte da cidadanía como dos establecementos patrocinadores é excelente e recompensáronse máis de 7.600 accións positivas ambientalmente.

Entrevista en Santiago TV sobre Tropa Verde

Miguel Varela, xerente de Teimas Desenvolvemento (empresa ideadora da Tropa Verde) explicou no programa Santiago Te Ve como o exitoso avance da Tropa fai que ata os máis pequenos de Compostela se impliquen coa reciclaxe.

Tropa Verde finalista nos Premios Ecovidrio

A plataforma Tropa Verde desenvolvida por Teimas Desenvolvemento foi unha das tres finalistas na categoría de Mellor Campaña 2.0 dos XVI Premios Xornalísticos Ecovidrio, resultando gañadora a Asociación de Ciencias Ambientais (ACA) coa campaña "DesAUTOxícate". 

Exitoso avance da Tropa Verde SCQ

Con motivo do Día Mundial da Reciclaxe iniciábase en Santiago de Compostela unha campaña de concienciación ambiental cidadá que foi acollida con gran entusiasmo: Tropa Verde SCQ.