Premio Iniciativa Emprendedora

Ricardo Vila, un dos socios fundadores de Teimas, foi o encargado de recoller o pasado venres 26 de xuño en Santiago de Compostela o Premio Iniciativa Emprendedora que otorgou o CPEIG, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a Teimas Desenvolvemento.

Axudas TIC CÁMARAS: financia a fondo perdido o 80% da implantación de Teixo

As Cámaras de Comercio galegas, xunto co Consello Superior de Cámaras, a cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a colaboración da Xunta de Galicia pon en marcha o Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras, no marco do programa operativo "Investigación, Desenvolvemento e Innovación por e para as Empresas-Fondo Tecnolóxico".