Teimas en Radio Líder

Debido á positiva repercusión que supuxo a participación de Miguel Varela na xornada sobre Emprego Verde que tivo lugar na sede de Afundación de Vigo o pasado 27 de xaneiro, a mañá do 29 de xaneiro , Antonio Lodeiro, de Radio Líder , entrevistou ao xerente de Teimas.

Axudas TIC CÁMARAS: financia a fondo perdido o 80% da implantación de Teixo

As Cámaras de Comercio galegas, xunto co Consello Superior de Cámaras, a cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a colaboración da Xunta de Galicia pon en marcha o Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras, no marco do programa operativo "Investigación, Desenvolvemento e Innovación por e para as Empresas-Fondo Tecnolóxico".

Teimas estará presente na mesa de internacionalización do foro GALICIATIC 2013

GALICIATIC defínese como un expoñente do avance tecnolóxico do sector TIC e plataforma de debate sobre as mellores solucións ofrecidas para a competitividade das empresas galegas e para o servizo do sector público. O obxectivo do foro é mostrar as tendencias máis actuais nas tecnoloxías TIC, dende o punto de vista da oferta global, que sexan de interese para o sector empresarial e profesional, e melloren a experiencia do cliente. Porén proponse unha serie de temas de gran actualidade que poidan atraer a atención do mundo profesional, empresarial e académico de Galicia ao redor das TIC.

Presentamos Teixo nas xornadas da revista Residuos

Desde Teimas Desenvolvemento continuamos traballando para dar a coñecer Teixo, o noso software para a xestión de residuos que xa conta con máis de 270 usuarios rexistrados. Desta vez, presentaremos a ferramenta nas xornadas técnicas organizadas pola revista Residuos, unha das publicacións máis prestixiosas do sector. Miguel Varela, director comercial de Teimas será quen acuda a esta cita para presentar Teixo.

Liberamos unha nova versión de Teixo

Dende Teimas vemos de publicar unha nova versión de Teixo, a 1.15. Esta versión amplía as funcionalidades xa existentes na ferramenta para xestores, produtores e transportistas de residuos.