Teixo en 2015. Promesas superadas

É evidente que o Novo Decreto de Traslados 180/2015 do ano pasado supuxo un reto para todas as empresas situadas no cruce de vías entre a tecnoloxía e o sector da xestión de residuos e da reciclaxe. 

Os colexiados do CPEIG outórganlle a TEIMAS o Premio Iniciativa Emprendedora

A empresa Teimas Desenvolvemento vén de ser elixida gañadora do premio Iniciativa Emprendedora, concedido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Así o decidiron as persoas colexiadas que participaron no proceso de votación, no que se presentaron oito candidaturas. O galardón entregarase no decurso da Sétima Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o 26 de xuño en Santiago de Compostela.

As TIC como incentivadoras de vantaxes competitivas

Son múltiples os estudos que demostran que as TIC, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, e por extensión as empresas que desenvolven e explotan esas tecnoloxías, contribúen á optimización da xestión empresarial, dotando de importantes vantaxes competitivas as empresas que fan uso dos produtos tecnolóxicos.

A extranet como medio para compartir documentación con clientes

A extranet proporciona ao cliente unha imaxe por parte do provedor de seriedade, de organización xa que desprende certo grado de informatización e de transparencia na relación. Unha entidade que proporciona información de calidade e funcionalidade ás entidades coas que se relaciona dá imaxe de fiabilidade e calidade.

O abandono da cova técnica

Miguel Varela, CEO da empresa galega Teimas Desenvolvemento, S.L, compañía de base tecnolóxica no ámbito das TIC que desenvolve a súa actividade no sector do medio ambiente, participou o pasado 27 de xaneiro nunha xornada sobre emprego verde que o diario Economía Digital, co apoio de Sogama, levou a cabo en Vigo, na sede de Afundación.