Teimas.com e Gestores de Residuos estrean redeseño

Teimas, empresa adicada á produción de tecnoloxía para o sector dos residuos e a reciclaxe estrea nova web corporativa. Xunto con esta, tamén cambia de cara a plataforma Gestores de Residuos, o primeiro catálogo de xestores de residuos de España e un dos principais medios nacionais especializados no sector dos residuos e da reciclaxe.

Teimas participa no PPI4Waste State of the Art Workshop celebrado en Bilbao

Este mércores 27 de abril, dentro das actividades organizadas polo proxecto europeo PPI4Waste celebrouse o PPI4Waste State of the Art Workshop for Innovative Waste Management Solutions. Un evento para reunir aos dous grupos clave do programa, os encargados da contratación dos organismos do sector público e as empresas orientadas á innovación no sector dos residuos. Teimas Desenvolvemento atopábase entre estas,, aproveitando a ocasión para dar a coñecer os seus produtos, baseados na innovación tecnolóxica, como o ERP Teixo, o a plataforma GAIA, e na innovación social, como Tropa Verde. 

Lanzamento da Plataforma de Gestión de Residuos de la Región del Maule

Hoxe, 28 de abril ás 9:00 en horario de Talca, capital da Región del Maule (Chile), Teimas Desenvolvemento presentará a nova Plataforma de Gestión de Residuos de la Región del Maule. Esta forma parte do proxecto "Sistema de Gestión Integrado de los Residuos y Subproductos Agropecuarios de la Región del Maule" desenvolto en conxunto co CEAP, conta tamén coa colaboración do Gobierno Regional del Maule.

Misión comercial de Teimas en Chile: Unión Europea, Economía Circular e colaboración co CEAP

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016— Teimas Desenvolvemento acudirá os días 25 e 26 de abril á Circular Economy Mission to Santiago de Chile. Esta cita, organizada pola Finnova (European Foundation for Innovation) en colaboración coa Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea e coa Embaixada de Chile en Bruselas, pretende fortalecer a colaboración entre a Unión Europea e Chile no sector ambiental  a través do desenvolvemento sostible e da creación de novas oportunidades para o crecemento e a inversión no eido da Economía Circular.