Teimas visita Sogama

O equipo de Teimas xunto cuns xestores de residuos e amigos acudiron o pasado venres día 16 de Maio ao complexo de Sogama en Cerceda para coñecer as súas instalacións e a súa forma de traballo e dese modo ter unha visión mais de preto da problemática do sector dos residuos e todo o que iso leva consigo. Puidemos coñecer de primeira man como se xestionaban os residuos da bolsa amarela e da bolsa negra que chegan ao complexo dende a maioría dos concellos galegos.