Nace a revista impresa "Gestores de residuos"

Teimas Desenvolvemento, responsable do portal Gestoresderesiduos.org,  editou o primeiro número en papel da Revista Gestores de Residuos. Enviáronse de balde 2.000 exemplares a destinatarios pertencentes ao sector residuos, tanto a entidades públicas como privadas.

Éxito de afluencia e participación na xornada do LIR sobre a xestión dos residuos municipais

O Complexo Ambiental de Sogama acolleu na mañá de hoxe unha xornada técnica que, baixo o título, "Cara á optimización na xestión dos residuos municipais", promoveu o Laboratorio de Ideas sobre Residuos (LIR), un grupo de traballo formado por profesionais do sector que integra a representantes da compañía Applus, Teimas Desenvolvemento, o portal Residuos Profesional, e o Instituto Superior do Medio Ambiente (ISM), creado coa intención de clarificar e enriquecer a información relativa á xestión dos residuos e xerar un punto de encontro, información e debate de interese para o público interesado.

O abandono da cova técnica

Miguel Varela, CEO da empresa galega Teimas Desenvolvemento, S.L, compañía de base tecnolóxica no ámbito das TIC que desenvolve a súa actividade no sector do medio ambiente, participou o pasado 27 de xaneiro nunha xornada sobre emprego verde que o diario Economía Digital, co apoio de Sogama, levou a cabo en Vigo, na sede de Afundación.

Teimas en Radio Líder

Debido á positiva repercusión que supuxo a participación de Miguel Varela na xornada sobre Emprego Verde que tivo lugar na sede de Afundación de Vigo o pasado 27 de xaneiro, a mañá do 29 de xaneiro , Antonio Lodeiro, de Radio Líder , entrevistou ao xerente de Teimas.

Teimas debate sobre o Emprego Verde

Dentro do ciclo de Xornadas Medioambientais acollidas por Afundación, produciuse na tarde do 27 de xaneiro en Vigo un interesante debate referente ao Emprego Verde no que os principais contribuíntes foron Víctor Viñuales, director de Ecodes (á dereita na foto)  e o xerente de Teimas, Miguel Varela (foto: esq). Actuou como moderador o xornalista Julián Rodríguez.