Os colexios e institutos de Santiago tamén son Tropa Verde

O 17 de maio de 2015 comezaba na capital galega a iniciativa Tropa Verde SCQ mediante a que os composteláns e compostelás que realizan accións a favor do medio ambiente reciben recompensas en forma de premios e descontos que aportan comercios e hostalaría de Santiago de Compostela. A resposta tanto por parte da cidadanía como dos establecementos patrocinadores é excelente e recompensáronse máis de 7.600 accións positivas ambientalmente.

Entrevista en Santiago TV sobre Tropa Verde

Miguel Varela, xerente de Teimas Desenvolvemento (empresa ideadora da Tropa Verde) explicou no programa Santiago Te Ve como o exitoso avance da Tropa fai que ata os máis pequenos de Compostela se impliquen coa reciclaxe.

Exitoso avance da Tropa Verde SCQ

Con motivo do Día Mundial da Reciclaxe iniciábase en Santiago de Compostela unha campaña de concienciación ambiental cidadá que foi acollida con gran entusiasmo: Tropa Verde SCQ.