Teimas.com e Gestores de Residuos estrean redeseño

Teimas, empresa adicada á produción de tecnoloxía para o sector dos residuos e a reciclaxe estrea nova web corporativa. Xunto con esta, tamén cambia de cara a plataforma Gestores de Residuos, o primeiro catálogo de xestores de residuos de España e un dos principais medios nacionais especializados no sector dos residuos e da reciclaxe.

O abandono da cova técnica

Miguel Varela, CEO da empresa galega Teimas Desenvolvemento, S.L, compañía de base tecnolóxica no ámbito das TIC que desenvolve a súa actividade no sector do medio ambiente, participou o pasado 27 de xaneiro nunha xornada sobre emprego verde que o diario Economía Digital, co apoio de Sogama, levou a cabo en Vigo, na sede de Afundación.

Teimas en Radio Líder

Debido á positiva repercusión que supuxo a participación de Miguel Varela na xornada sobre Emprego Verde que tivo lugar na sede de Afundación de Vigo o pasado 27 de xaneiro, a mañá do 29 de xaneiro , Antonio Lodeiro, de Radio Líder , entrevistou ao xerente de Teimas.

Presentamos Teixo nas xornadas da revista Residuos

Desde Teimas Desenvolvemento continuamos traballando para dar a coñecer Teixo, o noso software para a xestión de residuos que xa conta con máis de 270 usuarios rexistrados. Desta vez, presentaremos a ferramenta nas xornadas técnicas organizadas pola revista Residuos, unha das publicacións máis prestixiosas do sector. Miguel Varela, director comercial de Teimas será quen acuda a esta cita para presentar Teixo.