Os colexiados do CPEIG outórganlle a TEIMAS o Premio Iniciativa Emprendedora

A empresa Teimas Desenvolvemento vén de ser elixida gañadora do premio Iniciativa Emprendedora, concedido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Así o decidiron as persoas colexiadas que participaron no proceso de votación, no que se presentaron oito candidaturas. O galardón entregarase no decurso da Sétima Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o 26 de xuño en Santiago de Compostela.

O abandono da cova técnica

Miguel Varela, CEO da empresa galega Teimas Desenvolvemento, S.L, compañía de base tecnolóxica no ámbito das TIC que desenvolve a súa actividade no sector do medio ambiente, participou o pasado 27 de xaneiro nunha xornada sobre emprego verde que o diario Economía Digital, co apoio de Sogama, levou a cabo en Vigo, na sede de Afundación.

Teimas en Radio Líder

Debido á positiva repercusión que supuxo a participación de Miguel Varela na xornada sobre Emprego Verde que tivo lugar na sede de Afundación de Vigo o pasado 27 de xaneiro, a mañá do 29 de xaneiro , Antonio Lodeiro, de Radio Líder , entrevistou ao xerente de Teimas.

Teimas na revista TIG@

A revista da enxañaría en informática TIG@ pertencente ó CPEIG, Colexio Profesional de Enxañaría en Informática de Galicia, publica no seu número 7 o artigo "Teimas prepara o desenvolvemento da plataforma Gaia" 

Teimas consegue a adxudicación do desenvolvemento de GAIA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) adxudicou a Teimas o contrato para o desenvolvemento da Plataforma Galega de Información Ambiental, GAIA, acción cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, tal como se recólle na resolución publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.