Presentamos Teixo nas xornadas da revista Residuos

Desde Teimas Desenvolvemento continuamos traballando para dar a coñecer Teixo, o noso software para a xestión de residuos que xa conta con máis de 270 usuarios rexistrados. Desta vez, presentaremos a ferramenta nas xornadas técnicas organizadas pola revista Residuos, unha das publicacións máis prestixiosas do sector. Miguel Varela, director comercial de Teimas será quen acuda a esta cita para presentar Teixo.