Miguel Varela, xerente de Teimas Desenvolvemento (empresa ideadora da Tropa Verde) explicou no programa Santiago Te Ve como o exitoso avance da Tropa fai que ata os máis pequenos de Compostela se impliquen coa reciclaxe. Unha iniciativa da Asociación Xirasol cos rapaces do Colexio Monte dos Postes na que recompilaron preto de dous mil litros de aceite de fritura e máis de mil pilas (residuos moi contaminantes se non se entregan nos puntos habilitados para a súa recollida) inspirou á Tropa Verde para realizar accións específicas nos colexios composteláns . Neste derradeiro trimestre do curso escolar, e contando coa colaboración do Concello de Santiago, terán lugar campañas en abril e en maio, das cales se informará con detalle nas redes sociais da Tropa: FacebookTwitter e Youtube.

Podes ver o vídeo completo da entrevista realizada o 2 de marzo por Lola López  clicando neste enlace.