Teimas Desenvolvemento, compañía responsable de gestoresderesiduos.org, editou o segundo número da revista Gestores de Residuos. Desta vez 2.500 é o número de exemplares distribuídos entre os principais axentes do sector dos residuos e da reciclaxe. Outra vez, é o resultado dun esforzo conxunto por dar voz ao sector.

Este segundo número non sería posible sen a colaboración de SRR-TECMA (feira na que Gestores de Residuos foi medio invitado), da Federación Española de Reciclaje e do Laboratorio de Ideas sobre Residuos. Tampouco sen os patrocinios de Ambilamp, Taxileón-Logiraees e Clerins Ingenieros.

O contido completo do segundo número de Gestores de Residuos está disponible neste enlace.

Sobre Teimas Desenvolvemento

Teimas Desenvolvemento é unha empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e a xestión de residuos. Entre os seus proxectos está o software de xestión integral para empresas xestoras de residuos Teixo, o portal gestoresderesiduos.org, a plataforma GAIA de información ambiental da Xunta de Galicia e o proxecto de concienciación cidadá Tropa Verde.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016.