As Cámaras de Comercio galegas, xunto co Consello Superior de Cámaras, a cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a colaboración da Xunta de Galicia pon en marcha o Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras, no marco do programa operativo "Investigación, Desenvolvemento e Innovación por e para as Empresas-Fondo Tecnolóxico".

O plan ten como obxectivo impulsar a incorporación do TIC á actividade habitual das pemes, como ferramentas competitivas clave na súa estratexia, así como maximizar as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa produtividade e competitividade. Así, potenciará ás empresas beneficiarias a adopción de ferramentas dispoñibles en Internet en réxime cloud, como o software de xestión empresarial Teixo.

Os beneficiarios recibirán unha axuda a fondo perdido do 80% do proxecto de implantación de Teixo, así como as cotas mensuais de uso durante o ano 2015. Cun máximo financiable de 7.000 €, o plan TIC CÁMARAS constitúe unha oportunidade extraordinaria para implantar Teixo na empresa.

Se queres máis información sen compromiso algún, ponche en contacto connosco no teléfono 981 523 226 ou na dirección info@teixo.es