O vindeiro martes 26 de Abril ás 12:30 terá lugar na Aula C do Departamento de Electrónica e Computación da USC a charla "Aprendendo a emprender: TEIMAS: unha experiencia de emprendemento TIC no sector medioambiental" levada a cabo por Miguel Varela na que se comentará a evolución do proxecto de Teimas, dende a idea inicial ata que se convirteu nunha realidade e comezou a dar os seus primeiros pasos.
Mais información na web do CITIUS.