A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infreastructuras dá un paso máis na tramitación electrónica de procedementos de caracter ambiental ao adaptar o sistema SIRGa (portal para a xestión de procedementos relacionados coa xestión de residuos) ao estándar E3L. A nova versión de SIRGa permite aos usuarios incorporar a este sistema a súa información mediante a subida de ficheiros en formato E3L. Con esta adaptación posibilítase que ferramentas como Teixo fagan transaccións coa administración de xeito automático e transparente para os usuarios.

Máis información en gestoresderesiduos.org e o blog de teixo.