Na axenda dixital da Unión Europea debúllase a nova estratexia da Comisión Europea para «Liberar o potencial da computación en nube en Europa». A UE propón medidas para obter 2,5 millóns de novos postos de traballo en Europa, así como un incremento anual do PIB na Unión igual a 160 000 millóns de euros (ao redor dun 1 %) de aquí a 2020. A estratexia está pensada para impulsar o uso da computación en nube en toda a economía. Segundo a UE: O 80% das organizacións que adoptan este sistema logran taxas de aforro de, como mínimo, un 10 %-20%
A estratexia definida pretende actuar en varios niveis, desde aspectos normativos e de definición de estándares até a creación de marcos legais pasando por impulsar a colaboración entre estados e empresas provedoras de servizos.
Esta estratexia non fai máis que confirmar a aposta polo desenvolvemento e comercialización de solucións en réxime de Software como servizo que empresas como Teimas vemos facendo nos últimos anos. Produtos como Teixo, dispoñibles en réxime Saas son un claro exemplo de que Teimas está envorcada coa innovación desde os nosos inicios.
Pode ver a publicación da UE aquí.