O Grupo Español para o Crecemento Verde celebrou este martes a I Asemblea Ordinaria. Representantes de pequenas, medianas e grandes empresas pertencentes a esta organización empresarial acudiron á cita no hotel NH Zurbano de Madrid para deixar patente o seu compromiso cos obxectivos do Acordo de París xa que entenden que a descarbonización non ten marcha atrás. Neste marco, aplauden a elaboración da futura Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética. A norma está a prepararse coa participación de todos os sectores da sociedade, e as empresas representadas polo GECV volven tender a man para unha colaboración estreita co Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA).

Entre os obxectivos do Grupo Español para o Crecemento Verde, reafirmados nesta asemblea con motivo do primeiro aniversario da organización como independente, atópase o servir como o interlocutor de referencia do sector empresarial coas Administracións públicas, así como con asociacións empresariais eprofesionais e outros actores. Cremos no potencial deste modelo de crecemento económico para o noso país, de cara a abordar a transición hacia unha economía máis limpa e sustentable, asentada sobre un marco normativo xusto e estable, que permita abordar os investimentos necesarios e crear emprego nunmarco dunha produción baixa en carbono.

Na I Asemblea Ordinaria do GECV presentáronse as principais liñas estratéxicas da folla de ruta para 2017 da organización. A prioridade é desenvolver e impulsar a Plataforma Nacional de Acción Climática, ferramenta decolaboración co Ministerio presentada hai unhas semanas na feira de cambio climático e finanzas Innovate4Climate, como principal escenario de traballo dexeito conxunto no ámbito da acción climática entre o sector privado e o público. “Trátase do primeiro país do Acordo de París que implementa unha plataforma deste tipo”, asegurou Alfaya, deixando patente o papel pioneiro do grupo neste tipo de alianzas a nivel global.

Ademais, crearanse novos grupos de traballo sobre adaptación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) á estratexia empresarial e fiscalidade ambiental baseada no principio “de quen contamina, paga”. Pretendemos xerar e difundir o coñecemento necesario para afrontar os retos ambientais e sociais aos que nos enfrontamos.

Os socios presentes no encontro recoñeceron o intenso traballo do primeiro ano de vida do Grupo Español para o Crecemento Verde como asociación independente. Un traballo que levou á organización a estar presente en foros de acción climática e desenvolvemento e economía sustentable de alto nivel, como Conama 16, a Carbón Expo ou a COP22 deMarrakech, entre outros eventos, así como establecer alianzas tanto coa Administración como con outras redes como a Comunidade Polo Clima ou Pacto Mundial. As liñas estratéxicas do grupo establecéronse e fortalecéronse durante este período, baseadas na transición enerxética, o financiamento climático, as políticas de cambio climático e a economía circular. Un exemplo significativo foi a celebración do II Foro do Grupo Español para o Crecemento Verde, onde se publicou o informe “Crecemento verde: España hoxe e mañá”.

O Grupo Español para o Crecemento Verde é actualmente unha asociación de empresas para fomentar a colaboración público-privada e avanzar conxuntamente nos retos ambientais.

As solucións en materia de mitigación e adaptación ao cambio climático, a descarbonización da economía ou o fomento dunha economía circular virán sendúbida da man do tecido empresarial, e son claves nunha sociedade próspera.

A través desta plataforma foméntase a participación das empresas nos debates máis relevantes na materia, a nivel nacional e internacional, compártese información e identifícanse oportunidades para a empresa española.