O ciclo de webinarios para usuarios de Teixo continúa este 2023

As dúas sesións restantes desta formación exclusiva, dun total de cinco, terán lugar o 18 de xaneiro e o 1 de febreiro. Estas estarán centradas na rastrexabilidade de contedores e en tarifas, respectivamente, e serán impartidas por persoal especializado de TEIMAS.

This is some text inside of a div block.

A formación en liña en formato webinar en directo deseñada por TEIMAS para todos os usuarios de Teixo está a ser un rotundo éxito. Coobxectivo de sacar o máximo partido á ferramenta, as tres primeiras sesións realizadas nos meses de novembro e decembro de 2022 contaron con máis dun centenar de asistentes, quenes xa agardan polos dous talleres restantes para completar a formación.

O primeiro deles terá lugar o mércores 18 de xaneiro. Nel abordarase a temática “Rastrexabilidade de contedores”, revisando os distintos tipos de trazabilidade dos mesmos. Ademais, tamén se analizará a importancia da rastrexabilidade e do control dos contedores para o seu correcto seguimento.

O colofón desta formación poñerao o webinario focalizado en "Tarifas” , datado para o mércores 1 de febreiro. Nesta sesión ensinarase aos participantes como crear e xestionar tarifas en Teixo. Así mesmo, explicarase como asociar as tarifas a entidades ou centros, e a crear e actualizar tarifas desde un orzamento.

Do mesmo xeito que sucedeu durante todo o ciclo de webinarios, uns días antes da data de celebración, os usuarios de Teixo que desexen asistir poderán rexistrarse de forma gratuíta a través dunha ligazón que lles chegará vía email. De forma posterior, quenes non poidan acudir en directo terán dispoñible a sesión na plataforma de e-learning “Teixo Academy" .

Un claro obxectivo: que o usuario domine Teixo de principio a fin

Desde TEIMAS somos conscientes de que os constantes cambios de normativa e documentos a tratar polos profesionais de xestión de residuosson un problema na súa operativa diaria. Por iso, traballamos en mellorar Teixo e engadir funcionalidades ao software que faciliten a tramitación e xestión de toda a documentación asociada á xestión de residuos. Ademais, queremos que todo profesional que use Teixo senta cómodo e o domíne completamente.

Neste sentido, dentro desta proposta formativa en liña xa se abordaron aspectos tan importantes como a “Creación e xestión de informes personalizados en Teixo” (16 de novembro); “Entradas e saídas: como aforrar tempo na creación de documentos” (30 de novembro), ou “Repaso ao RD 553/2020, as peculiaridades de e-SIR e o resto de plataformas actuais” (14 de decembro).

Agora, no horizonte, dúas sesións finais que recomendamos aos/as usuarios/as de Teixo non perderse.

Data
9/1/23
Categoría
Tecnoloxía
Etiquetas
Compartir en
NOTICIAS

Subscribirse á newsletter

Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?