Sobre TEIMAS
Somos unha empresa que desde 2008 desenvolve produtos tecnolóxicos orientados a reducir o impacto ambiental das empresas, entidades públicas, e mesmo da cidadanía. Centrámonos especialmente na xestión intelixente dos resíduos, a economía circular e a sostibilidade.
Principais fitos:
- En 2010 presentamos o portal Gestores de Residuos.
- En 2011 lanzamos o noso SaaS Teixo para empresas xestoras de resíduos.
- En 2015 presentamos á cidadanía a nosa iniciativa TropaVerde.
- En 2017 desenvolvemos o software GReTel para Telefónica.
- En 2019 impulsados polo éxito de GReTel, lanzamos ZERØ, a nosa plataforma SaaS para grandes empresas produtoras de resíduos.
- En 2020 iniciamos a «nova normalidade» desde unha sede máis grande e con nova identidade corporativa.