A ferramenta adecuada A ferramenta adecuada

A ferramenta adecuada

04/10/2021

Como adiantabamos na nosa publicación anterior, un dos principais problemas aos que se enfrontan as empresas produtoras de residuos é a heteroxeneidade da información: cada centro ten o seu casuística, cada provedor ten a súa maneira de reportar, cada Comunidade Autónoma ten as súas esixencias, etc. Isto supón un gran reto á hora de recompilar, unificar e analizar os datos para obter unha visión global do desempeño da empresa.

Hoxe en día, sobre todo cando se busca minimizar a produción de residuos, reducir a pegada ambiental e apostar pola mellora continua, resulta imprescindible ter ferramentas que permitan detectar posibles patróns e as súas causas. Para isto, algunhas entidades apostan por programas de reporting ou follas de cálculo tipo Excel, nas que van introducindo datos a man para a súa posterior explotación. Resulta isto útil? Si, sen dúbida. No entanto, leva un investimento de tempo notable por parte de todo o equipo e non evita o poder cometer algún erro na transcrición. Existe algunha alternativa a ?picar? toda a información a man? Afortunadamente, si. Os nosos 13 anos de experiencia ofrecendo soluciones software para a xestión de residuos permítennos coñecer os diferentes desafíos das empresas xestoras e produtoras. Entre as alternativas existentes a introducir información manualmente destacan:

  • Integracións entre software xenéricos de HSE e ERP para que a información que se envorque nun deles non teña que ser trasladada a man a outro. Estes sistemas axudan a aforrar tempo, pero co inconveniente de que non adoitan poder adaptarse a unha casuística concreta ou á normativa de residuos de cada país, polo que non cobren todas as necesidades dun produtor de residuos.

  • Software específico para a operativa de residuos, como ZERØ, que non só se integra con outras ferramentas senón que está desenvolvido para captar automaticamente a información de todas as fontes. Ademais, permite xerar e tramitar documentación como o esixe a lexislación, así como explotar a información mediante informes e coñecer o impacto da xestión de residuos na pegada de carbono.

ZERØ é froito da experiencia de TEIMAS no desenvolvemento de software e o seu gran coñecemento do sector residuos. Se traballas nunha empresa produtora, solicita unha demostración gratuíta do que ZERØ pode facer por ti.