Teixo renova a súa web Teixo renova a súa web

Teixo renova a súa web

22/07/2021

Teixo, software especializado en xestión de residuos desenvolvido por TEIMAS, renova a súa web para ofrecer unha mellor experiencia aos xestores, axentes e negociantes de residuos.

Grazas a un deseño renovado e adaptado aos diferentes dispositivos, o novo sitio web de Teixo teixo.com ofrece información sobre o software de residuos Teixo, as suas tres diferentes solucións (Teixo G, Teixo S e Teixo GP), e os complementos para reforzar esta plataforma en liña, empregada hoxe en día por máis de 1000 usuarios en toda España para tramitar de maneira eficiente e segura a súa documentación de residuos.

A nova web ven tamén cun cambio na denominación das tres solucións de Teixo:

  • Teixo G: o software 100% en liña para a xestión profesional de residuos que crea toda a documentación de traslados. Permite unha tramitación directa coas plataformas de todas as comunidades autónomas e coa plataforma e-SIR do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD).

  • Teixo S: dirixido a empresas que xa teñen o seu propio ERP. Intégrase con el de maneira transparente para xerar a documentación de residuos e enviala ás plataformas ambientais das comunidades autónomas e do Ministerio (e-SIR).

  • Teixo GP: software deseñado para puntos limpos que permite ao persoal de oficina crear e enviar documentación de residuos ás plataformas ambientais das comunidades autónomas, xerar informes en tempo real, xestionar o arquivo cronolóxico e simplificar a elaboración de memorias anuais.