GAIN apoia ZERØ, a nova plataforma de xestión medioambiental para empresas comprometidas GAIN apoia ZERØ, a nova plataforma de xestión medioambiental para empresas comprometidas

GAIN apoia ZERØ, a nova plataforma de xestión medioambiental para empresas comprometidas

27/09/2019

TEIMAS Desenvolvemento, a única empresa en España especializada en TIC e economía circular, recibe un financiamento de 186.000 ? para ampliar a súa actividade.

TEIMAS Desenvolvemento, empresa tecnolóxica especializada en solucións para a recuperación e o reciclaje, foi seleccionada como unha das compañías beneficiarias do Préstamo IFI INNOVA a proxectos innovadores do IGAPE.

Este financiamento establece varias categorías, o que se coñece como sectores prioritarios da Axencia de Competitividad Galicia Industria 4.0. TEIMAS Desenvolvemento fíxoo dentro dos apartados de ?Eliminación, valorización ou reciclaje de residuos e Servizos e desenvolvemento de software.

Segundo as bases desta convocatoria, poden optar aos Préstamos IFI INNOVA proxectos innovadores de pymes, especialmente as de base tecnolóxica, pero tamén aquelas que, contando cunha traxectoria contrastada, desexan emprender proxectos innovadores en calquera sector de actividade. Neste último caso atópase TEIMAS Desenvolvemento e o seu novo proxecto ZERØ, xa que conta con máis de 10 anos de experiencia no sector e entre a súa carteira de clientes están importantes compañías multinacionais do IBEX 35.

Pero que é ZERØ? A experiencia cultivada durante anos, permitiu a TEIMAS Desenvolvemento detectar novas necesidades dentro dun mundo empresarial que se mostra cada vez máis preocupado pola súa pegada ecolóxica e está comprometido co medioambiente. Por iso decidiu dar un paso de xigante co desenvolvemento desta plataforma que simplifica e agiliza o seu salto á economía circular. Trátase dunha ferramenta pensada para a gran empresa que busca converter a xestión de residuos e recursos en datos cuantificables en términos de reutilización, de valorización ou de reciclado.

Estamos ante a solución máis ambiciosa de TEIMAS Desenvolvemento con gran proxección internacional e, neste contexto, a confianza de IFI INNOVA permitiralle seguir crecendo. Con este financiamento desenvolverase o potencial do proxecto ZERØ, ampliando a súa capacidades e eficacia. Todas as novidades que se introducirán na plataforma buscan agilizar o seu uso, ampliando a capacidade de control e a emisión de información para clientes.

Entre os aspectos que se valoraron á hora de optar a este financiamento, destacan cuestións propias do produto como o grado de sustentabilidad e da innovación ou a estratexia comercial. Pero tamén se evaluó a súa proxección a nivel social en aspectos como a achega de valor engadido á comunidade, a creación de emprego de calidade ou a xeración de novos mercados e potenciación da exportación.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Ten como obxectivo fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividad das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes. O proxecto está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER.