Teimas é unha empresa de base tecnolóxica do ámbito das TIC que desenvolve a súa actividade no sector medioambiental. Fundada no 2008, Teimas basea a súa actividade no desenvolvemento de proxectos software innovadores e diferenciais.

Liberamos unha nova versión de Teixo

Dende Teimas vemos de publicar unha nova versión de Teixo, a 1.15. Esta versión amplía as funcionalidades xa existentes na ferramenta para xestores, produtores e transportistas de residuos.
As novidades mais relevantes son:

  • Posibilidade de xenerar facturas en formato factura-e
  • Posibilidade de xestionar os contactos comerciais
  • Soporte para pedidos
  • Dous novos tipos de documento resumo na recollida. Resumo de datos ambientais e DCS e resumo de Cartas de porte.
  • Outros múltiples cambios e melloras.

No bloge de Teixo tedes unha entrada máis detallada destas e outras funcionalidades.